Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.741

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (195/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela en resolución desta data, recaída nos autos de xuízo oral número 195/1994 (executoria número 227/1995-C), polo presente edicto requírese o penado Adolfo Manuel Ramos Siaba, con último domicilio coñecido en Taxes, núm. 10, Muros, para que no prazo de 10 días satisfaga os honorarios do seu letrado (2.149.490 ptas.) e dereitos do seu procurador (49.794 ptas.), baixo apercibimento de constrinximento.

Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rbricado

2678