Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de marzo de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito en metálico 1020/1995, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito nº 1020/1995, de data 7-11-1995, por importe de 100.000 ptas., constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en metálico, garantindo a Herminio López Rodríguez e a disposición do Servicio P. Estradas (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda) para responder das excavacións 759 estrada O 622 P.K. 2130 marxe dereita B.V. formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso 38, entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do rpesente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non

terá ningún valor nin poderá producir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 26 de marzo de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9602592