Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (450/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, notifica, que no libro de sentencias dictadas neste xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de menor contía número 450/1994, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, vistos os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía número 450/1994, promovidos por Juan Miguel Barros Dios e María Adoración Juiz Crespo, representados pola procuradora Goimil Martínez e defendidos polo letrado Millán Calenti, contra a empresa E.C. Marítimo, S.L., representada polo procurador Paz Montero, e contra Ana Fernández Orcajada, Ángel Darío Lago Rodríguez, Segundo Lago Rodríguez e Francisco Javier Lago Rodríguez, en situación procesual de rebeldía.

Decido, que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola procuradora Goimil Martínez en nome e representación de Juan Miguel Barros Dios e María Adoración Juiz Crespo, contra a empresa E.C. Marítimo S.L., representada polo procurador Paz Montero, contra Ana Fernández Orcajada, Ángel, Segundo e Francisco Javier Lago Rodríguez, declarados en rebeldía procesual.

As custas procesuais impóñenselles ós demandantes.

Notifíqueselles ós rebeldes nalgunha das formas previstas legalmente.

Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no prazo de cinco días ante este xulgado e ante a audiencia provincial».

A presente sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía Ana Fernández Orcajada, Angel Darío Lago Rodríguez, Segundo Lago Rodríguez, Francisco Javier Lago Rodríguez, expido e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

1868