Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (331/1995).

Por esta cédula e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 331/1995, de orde, seguidos por instancia de José Manuel Agrelo Lampón, representado pola procuradora Peleteiro Bandín e defendida polo letrado Rodríguez Rodríguez contra Manuela Lampón Santos e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 13 de maio do presente ano ás 11.30 horas, cítase a demandada Manuela Lampón Santos, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na Praza do Concello, s/n, de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente prevíndoa de que a copia da demanda se acha á súa disposición neste xulgado.

Ribeira o nove de abril de mil novecentos noventa e seis.

A xuiza

Rubricado

2150