Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (225/1995).

Por este edicto, e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta número de orde 225/1995, seguidos por instancia de Elvira Fernández Sampedro, representada polo procurador Villar Trillo e defendida polo letrado Poch Sampedro contra Francisco Vázquez Martínez e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 11 de maio do presente ano ás 12 horas, cítase ó demandado Francisco Vázquez Martínez, hoxe en paradoiro descoñecido, en única convocatoria para que, acompañado de tódolos medios de proba que coide convenientes, compareza neste xulgado, sito na praza do Concello, s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, e queda advertido de que a copia da demanda se atopa ó seu dispor neste xulgado.

Para que teña lugar a citación acordada, expido este edicto en Ribeira, 27 de marzo de 1996.

A xuíza

Rubricado

2809