Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (295/1992).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xustiza gratuíta nº 295/1992, nos que recaeu sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Padrón o vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e tres. Vistos por Raimundo San Adrián Otero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de xustiza gratuíta seguidos neste xulgado co número 295/1992, nos que son parte, como demandante, Manuela Santos Lorenzo, representada polo procurador Julio Barreiro Fernández (de oficio), e asistida pola letrada Mª José Escuris Reinoso (de oficio), e como demandada, José Mª Soñora Rodríguez, en paradoiro descoñecido e contra o avogado do Estado.

Decido que estimando a demanda promovida por Manuela Santos Lorenzo, débolle recoñecer e recoñézolle o dereito a xustiza gratuíta para litigar contra José María Soñora Rodríguez, sen facer pronunciamento en canto a custas».

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ó demandado, non comparecido, José Mª Soñora Rodríguez, expido o presente edicto en Padrón, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9602672