Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (13/1995).

Emilio Alcalá Zamora y Matilla, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

Fai saber que no recurso de casación tramitado nesta sala co nº 13 de 1995 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Coruña, 29 de febreiro de 1996. A Sala do Civil do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constsituída polo presidente José Ramón Vázquez Sandes e polos maxistrados: César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo A. Sande García, dictou en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

O recurso de casación nº 13 de 1995, procedente da sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, derivado do xuízo de menor contía nº 1 454 de 1988 tramitado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, foi promovido por Manuel Liñares Couto, Eladia García Villasenín, Julia Raposo Liñares, Pilar Reboredo Pena, Antonio Becerra Regueiro, Manuel Becerra Regueiro, José Candal Otero, Antonio Noya Candal, José Antonio Nogareda Rodríguez, Antonio Prego Candal e José Manuel Candal Raposo, contra José Viqueira Vázquez e a súa esposa Sofía Silveira Ferreiro, José Manuel López Viqueira e a súa esposa Mª del Carmen Mosquera Mosquera, José Gómez López e a súa esposa Mª Dolores Pazos Suárez, Ricardo Santiago Uzal López e a súa esposa Mª Dolores Blanco Uzal, Luis Bodelo Mosquera e a súa esposa Mª Jesús Veiras Ferreiro, Antonio Viqueira Campos e a súa esposa Mª del Carmen Blanco López, Nieves López Ferro e toda persoa descoñecida e incerta que poida traer

causa de lexítimos partícipes ou se chame para deter algún dereito ou participación indivisa no monte chamado Brañas do Castro o Brañón do Castro.

Interpuxo ante esta sala o recurso de casación o procurador Julio López Abraldes, dirixido polo letrado. Lois Fernández, en nome e representación de José Viqueira Vázquez, José Manuel López Viqueira, José Gómez López e Ricardo Santiago Uzal López. Comparece o procurador José Manuel del Río Sánchez, dirixido polo letrado Manuel Astray Mariño, representando á parte contra a que se recorre, Manuel Liñares e outros, que actúan como membros da comunidade de veciños da parroquia de Leira (Ordes).

É maxistrado relator Daniel García Ramos.

Decidimos rexeita-lo recurso de casación interposto por José Viqueira Vázquez e outros contra a sentencia dictada en grao de apelación pola Audien

cia Provincial da Coruña, sección 5ª, nos autos de xuízo de menor contía, a que confirmamos sen facer especial condena en custas.

Así por esta nosa sentencia, da que se deducirá testemuño para a súa unión á peza da sala. Asinados: José Ramón Vázquez Sandes, César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo A. Sande García.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía: Sofía Silveira Ferreiro, Carmen Mosquera Mosquera, Mª Dolores Pazos Suárez, Mª Dolores Blanco Uzal, Mª Jesús Veiras Ferreiro, Luis Bodelo Mosquera, Antonio Viqueira Campos, Mª del Carmen Blanco López, Nieves López Ferro e tódalas persoas descoñecidas e incertas que poidan facer valer algún dereito sobre os predios litixiosos, expido e asino o presente edicto na Coruña o catro de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9601988