Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 20 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as providencias de apertura dos expedientes sancionadores de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (66/1994C e dezaseis máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da

Lei de caza 1/1970 do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971 do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo). Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil, quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes cando concorra calquera dos supostos determinados nos Arts. 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresollado, e presentaren os descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte o Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e consonte ó establecido no Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, por razón de contía, será o delegado provincial da Consellería de Agricultura Gandería e Montes en Ourense, segundo o Art. 12.3º da LRXPA e no Decreto 5/1987 do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 20 de febreiro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

66/94CManuel Plaza GarcíaAvda. Dr. Tourón, 59-8ºC

Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Empregar cans con fins cinexéticos en vedaArt. 48.2º.25 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Rguez. Cougil
37/95CFrancisco Fernández MoránVerardo García, 6-1º

Ponferrada (León)

Cazar en batida sen autorizaciónArt. 48.3º.25 da Lei 1/1970, de caza2.000Mª Rosa Rguez. Cougil
44/95CJosé Gómez FernándezAltamira, 16, A Valenzá

(Barbadás)

Cazar sen leva-la documentaciónArt. 48.3º.43 da Lei 1/1970, de caza1.500Mª Rosa Rguez. Cougil
51/95CJuan Valle LópezJosé Valgona, 45

Ponferrada (León)

Cazar sen licencia e sen seguro obrigatorioArts. 48.2.1 e 48.3º.53 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Rguez. Cougil
53/95CJosé Diéguez AlonsoPexeiros-Viana do BoloCazar sen licenciaArt. 48.2º.1 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Rguez. Cougil
56/95CAntonio Gil PérezRio Arnoia, 26-1ºB

(Ourense)

Empregar cans en zona vedada con fins cinexéticosArt. 48.2º.25 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Rguez. Cougil
68/95CJosé Manuel Bouzo LimiaReza, 11 (Ourense)Cazar sen licencia, sen seguro obrigatorio e sen permiso de coutoArts. 48.1º.8, 48.2º.1 e 48.3º.53 da Lei 1/1970, de caza10.000Mª Rosa Rguez. Cougil
72/95CFelisindo Baldomino Arce VidalJosé Antonio, 5-3ºA (Ourense)Cazar sen posuí-lo permiso de coutoArt. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Rguez. Cougil
77/95CJosé Manuel Vázquez ÁlvarezProgreso, 161 (Ourense)Cazar sen posuí-lo permiso de coutoArt. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Rguez. Cougil
84/95CAntonio Álvarez RodríguezPuente Mayor, 2-2ºD

(Valladolid)

Cazar portando cartuchos de bala e postasArt. 48.2º.14 da Lei 1/19703.500Mª Rosa Rguez. Cougil
89/95CJosé Antonio Vázquez SeoaneVista Hermosa, portal G, 2ºC

(Ourense)

Cazar sen seguro obrigatorioArt. 48.3º.53 da Lei 1/1970, de caza2.000Mª Rosa Rguez. Cougil

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

98/95CAlejandro Fernández BlancoCantábrico, 24-1º

(A Coruña)

Cazar sen seguro obrigatorioArt. 48.3º.53 da Lei 1/1970, de caza2.000Mª Rosa Rguez. Cougil
101/95CAntonio Pousa RodríguezAvda. Ourense, 160

(Xinzo de Limia)

Cazar sen posuí-lo permiso de coutoArt. 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Rguez. Cougil
104/95CJosé Viso BandePonte da Veiga, 7

(Vigo)

Empregar redes abatibles para a captura de paxarosArt. 6.2º do R.D. 1095/89 e Art. 39 da Lei 4/198920.000Mª Rosa Rguez. Cougil
104/95CJosé Manuel Roig MartínConsolación, 3 (Vigo)Empregar redes abatibles para a captura de paxarosArt. 6.2º do R.D. 1095/89 e Art. 39 da Lei 4/198920.000Mª Rosa Rguez. Cougil
131/95CJosé M. Penin MoreirasCapitán Eloy, 18-4º Esqda.

(Ourense)

Cazar empregando balas para caza menorArt. 48.2º.14 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Rguez. Cougil
135/95CRicardo Vázquez FariñasBusteliño-Xunqueira de AmbíaCaza empregando balas para caza menorArt. 48.2º.14 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Rguez. Cougil

2384