Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, inicialmente, o proxecto de estudio de detalle da UA-1 das normas subsidiarias e complementarias do planeamento municipal, redactado polo arquitecto Alberto Unsaín González de Suso por iniciativa de José Espiñeira Bermúdez, Ricarto Amor Rodríguez, Adolfo Candal Reboredo e Susana Rodríguez Rodríguez, referido ó solo urbano delimitado polo camiño de acceso ó campo de fútbol, estrada N-550, r/ Alcalde Juan Seijas e, ó fondo, camiño de servidume, exponse ó público, polo prazo de quince días, contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o procedemento á disposición de calquera persoa física ou xurídica que desexe examinalo para deducir alegación.

Carral, 18 de decembro de 1995.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde

2730