Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se convocan exames ordinarios en 1996 para a obtención de titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

O Decreto 77/1996, do 29 de febreiro, asígnalle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acucicultura as funcións e servicios transferidos de acordo co previsto no Decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, sobre o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios en materia de ensinanzas náutico-deportivas, correspondendo o exercicio destas á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Sendo necesario establece-lo calendario e condicións de inscrición nas probas para a obtención das correspondentes titulacións, esta dirección, en uso das facultades que ten atribuídas en virtude do Decreto 206/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica e funcional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura,

RESOLVE:

Proceder á convocatoria de exames ordinarios de 1996 para a obtención das seguintes titulacións:

a) Patrón de embarcacións de recreo.

b) Patrón de iate e patrón de iate de altura.

c) Capitán de iate.

Con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

Primeira.

Celebraranse os exames no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, polos tribunais constituídos para o efecto de acordo co previsto na base quinta da presente resolución, segundo a seguinte programación:

1. Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo:

Patrón de embarcacións de recreo: convocatorias de maio e setembro.

Patrón de iate: convocatorias de maio e setembro.

Patrón de iate de altura: convocatorias de maio e setembro.

Capitán de iate: convocatorias de maio e setembro.

2. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira:

Patrón de embarcacións de recreo: convocatorias de maio e setembro.

Patrón de iate: convocatorias de setembro.

3. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol:

Patrón de embarcacións de recreo: convocatorias de maio e setembro.

Patrón de iate: convocatorias de maio.

2. Os exames celebraranse na primeira convocatoria o 27 de maio de 1996 e na segunda convocatoria o 23 de setembro de 1996.

3. Os exames serán escritos e axustaranse ós programas que actualmente estan en vigor segundo a resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 19 de febreiro de 1990 (BOE do 3 de marzo de 1990).

Segunda.

As persoas que desexen presentarse a esta convocatoria deberán acreditar:

a) Ter cumpridos 18 anos ou, no caso de menores no emancipados, ter cumpridos 16 anos e contar coa autorización dos pais ou titores.

b) Estar en posesión do correspondente certificado médico oficial, expedido de conformidade coa resolución do 22 de xuño de 1990 da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Este certificado médico só será esixible a aquelas persoas que se presenten ás probas para a obtención do título de patrón de embarcacións de recreo.

c) Ter ingresados os correspondentes dereitos do exame, segundo as cantidades fixadas no artigo 27.2º I, da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Terceira.

1. Os candidatos deberán solicita-la súa admisión a exame mediante instancia dirixida ó presidente do correspondente tribunal de exames para a obtención das titulacións de referencia.

2. A solicitude axustarase ó modelo que se xunta como anexo á presente resolución.

3. Xunto á solicitude, será preciso presenta-la seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Unha fotografía de tamaño carné.

-Resgardo para Administración do correspondente impreso de autoliquidación de taxas debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

-Certificado médico oficial, expedido de conformidade coa normativa vixente actualmente, ó que se fai referencia na base segunda da presente resolución.

-No caso de que os candidatos haxan superado unha parte do programa da titulación á que se presentan, deberán aportar o certificado do derradeiro exame.

-Título ou resgardo de trámite de patrón de embarcacións de recreo, para presentarse a patrón de iate.

-Título ou resgardo de trámite de patrón de iate, para presentarse a capitán de iate ou patrón de iate de altura.

4. As solicitudes, que só terán validez para unha única convocatoria, presentaranse, xunto á documentación mencionada no apartado anterior, indicando o lugar de realización do exame, nas datas que, a continuación se detallan e que se consideran prazos improrrogables para tódolos efectos.

-Convocatoria do 27 de maio de 1996: do 22 de abril ó 16 de maio, ambos inclusive.

-Convocatoria do 23 de setembro de 1996: do 19 de agosto ó 13 de setembro, ambos inclusive.

5. As mencionadas solicitudes poderán presentarse en calquera das seguintes dependencias administrativas:

a) No rexistro da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura ou de calquera das súas delegacións territoriais ou comarcais.

b) Na secretaría do Instituto Politéncico-Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo ou das escolas oficiais náutico-pesqueiras de Ribeira e Ferrol.

Cuarta.

Sen prexuízo do disposto na base primeira da presente convocatoria, os presidentes dos tribunais, á vista das instancias recibidas, farán público no taboleiro de anuncios de cada centro examinador as listas de admitidos e excluídos, así como o día e a hora de realización das probas correspondentes a cada unha das titulacións.

Quinta.

Os tribunais que xulgarán as probas estarán formados por:

-O director do centro onde se realice o exame ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente en tódalas probas.

-O seguinte número de vocais que serán designados para o efecto polo presidente, en función do tipo de exame:

-Catro vocais, no caso do exame de patrón de embarcacións de recreo.

-Seis vocais, nos casos de exames de patrón de iate e patrón de iate de altura.

-Catro vocais, no caso do exame de capitán de iate.

-Un secretario, cargo que será ocupado polo secretario do centro.

Os membros dos tribunais terán preferentemente titulación superior da Mariña Civil ou equivalente.

Sexta.

Rematadas as probas, expoñeranse, no taboleiro de anuncios das dependencias administrativas sinaladas na base terceira da presente resolución, as listas das cualificacións destas probas.

Os interesados poderán, se é o caso, formula-las reclamacións que estimen oportunas ante o presidente do tribunal, no prazo de 15 días, contados desde a data na que sexan publicadas as ditas listas.

Sétima.

As presentes convocatorias e cantos actos administrativos se deriven delas poderán impugnarse nos casos e na forma previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

1586