Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 15 de marzo de 1996 pola que se integra a categoría de profesor de logofonía e logopedia no grupo B de clasificación dos previstos no Real decreto 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estaturario do Instituto Nacional da Saúde.

O acordo subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais UGT, CSIF e SATSE sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo do persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias de asistencia especializada do Servicio Galego de Saúde do 29 de decembro de 1995, publicado pola resolución conxunta de 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 1996), dispuxo no seu apartado 5) a adecuación das retribucións asignadas á categoría de profesor de logofonía e logopedia no marco das actualmente vixentes no ámbito do Insalud.

A dita adecuación implica a integración da referida categoría no grupo B de clasificación dos previstos no artigo 3 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Insalud, tal e como foi establecido no apartado 5º do acordo entre a Administración do Estado e as organización sindicais máis representativas sobre aspectos profesionais, económicos e organizativos nas institucións sanitarias, publicado pola resolución da Secretaría Xeral para o Sistema Nacional de Saúde do 10 de xuño de 1992.

Xa que logo, e para efectos de darlle efectividade ó previsto no acordo de referencia,

DISPOÑO:

1. A categoría profesional de profesor de logofonía e logopedia queda clasificada no grupo B dos establecidos no artigo 3 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde.

2. A clasificación establecida no apartado anterior será efectiva nos termos establecidos no apartado 7) do acordo subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais UGT, CSIF e SATSE, sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo do persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia cantas disposicións se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde adoptará as medidas necesarias para a execución do previsto na presente orde.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

2825