Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 6 de marzo de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Trascoco e Devesas do Brixoi, pertencente á parroquia da Madanela, concello de Forcarei.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 20 de xuño de 1995, acordou inica-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Forcarei

Parroquia: A Madanela

Nome do monte: Trascoco e Devesas do Brixoi

Cabida: 280 ha.

Lindes

-Norte: monte clasificado de Vilariño.

-Oeste: monte de Vilariño e monte situado na parroquia da Madanela.

-Sur: monte clasificado da Graña e monte situado na parroquia da Madanela.

-Leste: monte de Zobra (Lalín) e O Irixo da provincia de Ourense.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración para que poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 26O/1992 polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 6 de marzo de 1996.

Jose Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

2815