Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación que se citan (Bendoiro, S.A.T. e once máis).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a constitución, modi

ficacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Bendoiro, S.A.T. nº 923 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Sisto-Dozón (Pontevedra), obxecto social: explotación en común de terras, gando e a comercialización dos seus productos; capital social: 7.290.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación As Regas, S.A.T. nº 924 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Xiadas-Gastrar-Boqueixón (A Coruña), obxecto social: explotación en común de tierras y ganados; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios 3.

A sociedade agraria de transformación Adegas O Ribouzo, S.A.T. nº 925 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Valencia do Sil-Vilamartín de Valdeorras (Ourense), obxecto social: producción, transformación e venda de viños e derivados; capital social: 400.000 pesetas; nº de socios: 6.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Montes de Detrás da Cooperativa, S.A.T. nº 857 XUGA, por acordo unánime dos 80 socios asistentes á primeira convocatoria, nas asembleas do 24-4-1995 e do 11-3-1996 aproban respectivamente o nomeamento de vocal: José Berdullas Miramontes e a modificación do artigo 2º na alínea d), obxecto social: prestación de servicios os socios consistentes na reorganización da propiedade dos seus predios a través da concentración parcelaria de carácter privado e realización en común da plantación e dos traballos silvícolas necesarios para poñer en producción a superficie agrupada e a disposición ou/e xestión ou/e explotación dos predios 124; 56; 35-2; 98 e 120 destinados por vontade da S.A.T. a usos colectivos.

A sociedade agraria de transformación Vilanova de Arroxo, S.A.T. nº 626 XUGA, na asemblea xeral do 1 de decembro de 1995, e en primeira convocatoria con tódolos socios acordan por unanimidade un aumento de capital social cifrado en cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000 ptas.) pasando dun capital social de vintecatro millóns cincocentas mil pesetas a un definitivo capital social de vintenove millóns novecentas mil pesetas (29.900.000 ptas.).

A disolución:

A sociedade agraria de transformación Flor Rías Altas, S.A.T. nº 597 XUGA, na asemblea xeral do 30-6-1995, acorda aprobar por maioría a súa disolución e nomea os socios liquidadores para a súa cancelación.

A sociedade agraria de transformación Pelchos, S.A.T. nº 687 XUGA, na asemblea xeral do 11-12-1995, acorda aprobar por maioría a súa disolución e nomean os socios liquidadores para a súa cancelación.

A cancelación:

A sociedade agraria de transformación Flor Rías Altas, S.A.T. nº 597 XUGA, na asemblea xeral do 18-12-1995 presenta o balance final da liquidación para a súa cancelación.

A sociedade agraria de transformación Pelchos, S.A.T. nº 687 XUGA, na asemblea do 13-12-1995 presenta o balance final da liquidación para a súa cancelación.

Baixas provisionais:

A sociedade agraria de transformación Brotes, S.A.T. nº 712 XUGA, por acordo do 14-2-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice de Entidades do Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación Cenvi, S.A.T. nº 530 XUGA, por acordo do 14-2-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice de Entidades do Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación Visor, S.A.T. nº 439 XUGA, por acordo do 14-2-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no Índice de Entidades do Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

96-2269