Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de tomografía axial computerizada, para o complexo hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol (A Coruña) (SCC.- 04/1996).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde- Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67 fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: complexo hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: un sistema de tomografía axial computerizada.

-Orzamento total: sesenta e sete millóns de pesetas, IVE incluído (67.000.000 de pesetas, IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 27-maio.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 3-xuño.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 14-xuño, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 1.340.000 pesetas.

Definitiva: 2.680.000 pesetas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubrir a enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características do equipo ofertado: ata 10 puntos.

2. Características do servicio técnico: ata 8 puntos.

-Prezo de garantía.

-Prezo de tubos de reposición.

-Tempo de resposta.

-Outras

3. Obras de acondicionamento: ata 6 puntos.

4. Opcións incluídas: ata 8 puntos

-Cámara multiformato.

-Estación de traballo.

-Programas especiais.

-Outras.

5. Prezo ofertado: ata 6 puntos

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 11 abril.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de recursos Económicos

96-2816