Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. o C.T. Forte, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. Marina Hispánica, S.L. rematando no C.T. existente de Forte, concello de Cangas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 582 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 10.557.273 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren
oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2131