Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/179, R.C.I. 2252).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Modesto Carrodeguas, S.L., co enderezo na r/ Balbís, 1, Cariño (A Coruña) para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Planta de coxeración de enerxía eléctrica cunha potencia total en bornas do xerador de 3.000 kW, composta de dous grupos motor-xerador das seguintes características:

-Motor de combustión interna de gasóleo cunha potencia mecánica de 1.600 H.P. c/u; xerador cunha potencia nominal de 1.875 kVA c/u, tensión de xeración kV e frecuencia 50 Hz; dous trafos de potencia 2.000 kVA c/u, r.d.t. 6/20±5% kV un trafo de potencia de 500 kVA, r.d.t. 20±5% 0,4 kV para consumos da propia factoría; outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 13 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2642