Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 101/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa

ción pública a petición de instalación dun desvío liñas eléctricas na estrada conexión entre a CN-550 e a rúa de servicio nº 3 Cerquido-O Porriño, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 12 da L.M.T. 13.10, rematando no apoio existente nº 13/1 da L.M.T. ó antigo C.T. Rubiera e apoio nº 14 da L.M.T. 13.10, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: desvío das liñas por construcción dunha estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e LA-110, sobre apoios de formigón. R.B.T., aéreo-subterránea, de 275 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tiop R.Z., sobre apoios de formigón e 170 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 3.268.213 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9602435