Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación da asistencia técnica para novos desenvolvementos de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente para a contración da asistencia técnica para novos desenvolvementos de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos. As características básicas da contración son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. Expediente 9/1996.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para novos desenvolvementos de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos. Dividido nos seguintes lotes:

Lote I.-Traballos en entornos LINC para 2200/600.

Lote II.-Traballos en entornos Visual Basic (P.C.).

O prazo de execución será desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: importe total: cento nove millóns novecentas catorce mil novecentas trinta pesetas (109.914.930): distribuído da seguinte forma:

LoteImporte(ptas.)

I97.908.930

II12.006.000

5. Garantía provisional:

LoteImporte(ptas.)

I1.958.179

II240.120

6. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. Edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15703. Santiago de Compostela, teléfono: 54 41 34, telefax: 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a da duración do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos dos contratistas. Clasificación esixida: Lote I: grupo III, subgrupo 3, categoría D. Lote II: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberánse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n. C.P. 15703, Santiago de Compostela.

Non se admitirán variantes en el presente concurso.

9.-Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público, ó que poderán asistir os licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1996.

P.D. Orde 13-12-1993

Emilio Álvarez Rei

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

2837