Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1996 pola que se anuncia a lictación, trámite de urxencia, do concurso aberto da obra: proxecto de construcción acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio, treito: Sobradelo-Casaio (clave N/OU/87.5).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora de poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 49 86

Telefax nº: (981) 54 45 29

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: proxecto de construcción acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio. Treito: Sobradelo-Casaio, de clave: N/OU/89.5. Orzamento: 974.605.238 ptas.

3. a) Lugar de execución:

Termo municipal de Carballeda.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra:

-Lonxitude: 16.700 metros lineais.

-Sección tipo:

Calzada de 2 carrís de 3,50 metros máis beiravía de 1 metro.

Vías lentas con carril adicional de 3 metros reducíndose a beiravía correspondente ata 0,50 metros.

Volume de escavación en desmontes: 582.744 metros cúbicos.

Volume de terraplén: 33.333 metros cúbicos.

Volume materiais granulares: 63.355 metros cúbicos.

Volume mesturas bituminosas: 50.077 toneladas.

Obras de fábrica:

-3 ampliacións de senllos pontóns de pequenas dimensións.

-1 marco de 5 metros de luz, con arco rebaixado, de 5,80 metros de altura sobre cimentos.

1.512 metros cadrados de muro prefabricado de ata 9 metros de altura.

-3 muros de formigón armado de ata 3 metros de altura (total 55 metros lineais).

Firme.

Subase granular de saburra artificial Z-2: 0,25 metros.

Base macádam bituminoso: 0,08 metros.

Intermedia MBC tipo G-25: 0,06 metros.

Rodadora MBC tipo S-20: 0,06 metros.

Este firme é único en calzadas, vías lentas de beiravías e apóiase sobre 50 centímetros de explanada mellorada (CBR>20).

Pendente máxima: 7,89%

Radio mínimo: 50 metros.

Acordo vertical mínimo: 700 metros.

Acordo horizontal mínimo: 30 metros.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 30 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 3 de xuño de 1996.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 13 de xuño, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento de contrata (19.492.105 ptas) e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata (38.984.210 ptas.).

As ditas garantías podrán presentarse na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamento a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico a que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria:

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

16. Data de envío do anuncio: 10 de abril de 1996.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 10 de abril de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2838