Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de abril de 1996, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación, por concurso público, sistema aberto, da asistencia técnica para a elaboración do proxecto, realización e seguimento da campaña institucional de promoción dos valores de Galicia.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 73, do luns 15 de abril de 1996, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 3.399, no apartado referente á clasificación das empresas licitantes, onde di: «Grupo I, subgrupo 3, categoría B» debe dicir: «Grupo III, subgrupo 3, categoría B».

2842