Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (381/1995-V).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado, e co número 381/1995-V, se tramitan autos de xuízo de faltas por desobediencia á autoridade e lesións en agresión, e nos seus autos se acordou citar a José Américo Viegas Guerra para que compareza na sala de audiencia nº 4 deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o vindeiro día 24 de maio, ás doce dez horas, co fin de asistir como denunciado á celebración do xuízo, e deberá comparecer provisto do seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixese, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citacion en forma ó citado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2937