Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (191/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo declarativo de menor contía de que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía, seguidos neste xulgado co número 191/1994, por instancia de Carlos Devesa Noya, maior de idade, solteiro, veciño desta cidade, e con domicilio en Marrozos, representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Evaristo Nogueira Romer, contra María Dolores Cabo Prieto, Eugenia Esperanza Vieites Seijo, María Concepción Mallo Castelao, Mercedes López Diz, Margarita López Castro, Margarita Souto Pallas, Dolores Otero Castro, Ana María Beiro Gómez, Manuela Isabel Parama Mato, Ana Rosa Cabo Prieto, María de los Angeles García Muras, María Máxima Seoane Pérez e Rosa Elena Vázquez Carles, as que representa o procurador Calviño Gómez e dirixidos polo letrado Juan Gerpe Castro e contra

Mónica Aldrey Uzal, María del Carmen Varela Nande, Purificación Junquera Enjamio e contra as entidades mercantís Confecciones Susana, S.L. e Confecciones Santiago, S.L., incomparecidos en autos e declarados en situación procesual de rebeldía, sobre declaración de propiedade de predio rústico e nulidade de embargo.

Decido que considerando a demanda promovida polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Carlos Devesa Noya, contra María Dolores Cabo Prieto, Eugenia Esperanza Vieites Seijo, María Concepción Mallo Castelao, Mercedes López Diz, Margarita López Castro, Margarita Souto Pallas, Dolores Otero Castro, Ana María Beiro Gómez, Manuela Isabel Parama Mato, Ana Rosa Cabo Prieto, María de los Angeles García Muras, María Máxima Seoane Pérez e Rosa Elena Vázquez Carles, representados polo procurador Calviño Gómez e contra Mónica Aldrey Uzal, María del Carmen Varela Nande, Purificación Junquera Enjamio, Confecciones La Susana, S.L. e contra Confecciones Santiago, S.L., declarados procesualmente en rebeldía, debo declarar e declaro que o dominio do predio denominado Centeira, pertence ó demandante Carlos Félix Devesa Noya, e deixar sen efecto o embargo e a vía de constrinximento que reacaeron sobre ela, condenando os demandados a que así o recoñezan e acaten, e se absteñan

de practicar embargos sobre el, perturbando a propiedade e posesión e todo iso sen facer expresa imposición das custas causadas no procedemento. Notifíqueselle-la presente reso

lución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Dada a rebeldía dos demandados, a sentencia ha de ser notificada segundo o disposto nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia que ten encabezamento e decisión que quedan insertos foron lidas e publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

2603