Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (240/1994).

Demandante: Banco Pastor, S.A.

Demandado: Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro.

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 240/1994, seguidos a pedimento de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles

Ferreiro, dos que se descoñece o seu domicilio, sobre reclamación de cantidade, e nos ditos autos se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos os presentes autos de executivo outros títulos número 240/1994, seguidos a pedimento de Banco Pastor, S.A., con DNI/CIF domiciliado no Cantón Pequeno, 1 (A Coruña), representado por el procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Vicente Martínez Gascón, con DNI/CIF domiciliado na r/ S. Pedro de Mezonzo, 44-2º C Santiago de Compostela e María Dolores Selles Ferreiro, con DNI/CIF domiciliada na R/ S. Pedro de Mezonzo, 44-2º C Santiago de Compostela, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidades.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

Decisión:

Que acepto integramente a demanda interposta polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en representación que ten acreditada de Banco Pastor,S.A., e debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro, ata facer remate destes e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó demandante da suma de 4.977.868 ptas. por principal debido á executante, como capital e xuros devengados pola referida póliza, mailo xuro pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se fixese efectivo pagamento do principal; e condeno así mesmo á dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen, ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 3.000.000 de ptas.

Lévese testemuño desta sentencia ós autos dos que dimana e notifíqueselle ó demandado rebelde na forma ordinaria, de non solicita-la demandante a notificación persoal no termo de tres días, e fágaselles saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que lle sirva de notificación á parte demandada Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1888