Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (127/1990).

José Manuel Vilela Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de separación nº 127/1990, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

En Padrón, 16 de maio de 1995.

Vistos por Raimundo San Adrían Otero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de separación matrimonial seguidos neste xulgado co nº 127/1090, tramitados conforme a disposición adicional 5ª da Ley 30/1981, do 7 de xullo, por instancia de Hortensia Blanco Eiras, maior de idade, casada, empregada, veciña deste municipio e con domicilio no lugar da Matanza, Grupo Rosalía de Castro, baixo 10, representada polo procurador Narciso Caamaño Queijo (de oficio) e asistida polo letrado Manuel Babio Arcay (de oficio) contra Juventino Borrajeiros Chaves, maior de idade, casado e en paradoiro descoñecido e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo.-Estimando a demanda interposta polo procurador Narciso Caamaño Queijo, en nome e representación de Hortensia Blanco Eiras contra o seu esposo, Juventino Borrajeiros Chaves, rebelde,

declaro a separación de ámbolos cónxuxes, así como a disolución do réxime económico matrimonial, atribuíndolle á esposa a garda e custodia dos dous fillos menores, Diego e Olalla, todo iso sen prexuízo de que, na fase de execución de sentencia, se determine e concreten as medidas definitivas en canto a cargas do matrimonio, garantía respectiva e aqueloutras que procedan, sen especial pronunciamento en custas.

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ó demandado, non comparecido, Juventino Borrajeiros Chaves, expido o presente edicto en Padrón o un de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

1824