Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.562

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (99/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado baixo o número 99/1995 do rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Ribeirao, S.L., representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra Crespo y Cambeiro, en reclamación de crédito hipotecario, nas actuacións do cal se acordou sacar a primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e o prezo da súa taxación, o seguinte predio contra o que se procede:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na avenida de Lugo, Arzúa, o próximo día tres de xuño do ano que corre, ás dez horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 9.224.875 pesetas, e non se admitirán proposicións que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na mesa do xulgado ou establecemento destinado para tal efecto unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderá facerse o remate en calidade de cedelo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou xuntando o resgardo da tela feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certificación rexistral están de manifesto na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes e sen cancelar entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

No caso de quedar deserta a primeira poxa celebrarase unha segunda o próximo día oito de xullo e no caso de quedar deserta esta celebrarase unha terceira o próximo día seis de setembro ás 10 horas.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Predio sito na parroquia e concello de Melide. Anaco de monte baixo, no denominado Do Leboreiro de seis áreas, cincuenta centiáreas, que linda polo norte: rúa en proxecto de doce metros de largo que a separa do predio matriz; polo sur: de Pedro Ferreiro; polo leste: Jesús Rodríguez Amboage e outro; polo oeste: resto do predio matriz de César Manuel Casal Montero e Concepción Vilariño Veiga.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 466, libro 78 de Melide, folio 15, predio número 14.390.

E para que surta os efectos oportunos expido o presente edicto en Arzúa o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

1872