Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.562

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingüística aplicada á traducción e interpretación, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, a María Elena Sánchez Trigo.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 7 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingüística aplicada á traducción e interpretación, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo, a prol de Mª Elena Sánchez Trigo, DNI nº 32.631.741, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Elena Sánchez Trigo profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingüística aplicada á traducción e interpretación, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 21 de marzo de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1816