Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (225/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xuízo executivo nº 255/1995, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e do seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 255/1995, promovidos por Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueito Muñoz e defendido polo letrado Ángel Mª García Fernández, contra Manuel Pires Domingos, declarado en rebeldía, sobre reclamación de 309.303 pesetas de principal, máis 200.000 calculadas para xuros, custas e gastos.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ó debedor Manuel Pires Domingos, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 309.303 pesetas, importe do principal reclamado, máis 200.000 pesetas, calculadas para xuros, gastos, custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes. Así por esta miña sentencia que pola rebeldía do demandado se notificará na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza.»

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Manuel Pires Domingos, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario do xulgado

Rubricado

1822