Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.556

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de marzo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 66, do 2 de abril de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 3.060, o posto denominado «Servicio de Ordenación e Xestión en Atención Primaria», debe excluírse da citada convocatoria.

9602710