Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.546

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen as probas selectivas convocadas polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995, publicadas no Diario Oficial de Galicia nos seus números 8 e 9 correspondentes ós días 11 e 12 de xaneiro de 1996, respectivamente.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas de admitidos e excluidos ás probas selectivas para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos nos distintos corpos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación de solicitudes excluídas nos procesos selectivos para o acceso ós corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Probas de acceso á Administración xeral

Causas de exclusión

-Sistema de acceso libre:

Código

01. Non posuí-la nacionalidade española.

02. Non ter cumpridos os 18 anos.

03. Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame.

04. Non achegar copia DNI ou calquera documento oficial similar.

05. Non cumpri-lo requisito da titulación esixida para cada convocatoria.

06. Presenta-la solicitude fóra de prazo.

07. Non sinala-lo corpo ó que se presenta o interesado.

08. Instancia non asinada.

19. Incumprimento do establecido na base I.1.2.

-Sistema de acceso por promoción interna:

Código

09. Incumpri-las normas da base I.1.4.

10. Non pertencer ó corpo ou escala do grupo correspondente.

11. Non achegar copia DNI ou calquera documento oficial similar.

12. Presentar solicitude fóra de prazo.

13. Non sinala-lo corpo ó que se presenta o interesado.

14. Non cumpri-los requisitos esixidos na base 1.2.2.3. da convocatoria.

15. Instancia non asinada.

16. Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exame.

17. Non cumpri-lo requisito da titulación esixida en cada convocatoria.

18. Non presentar anexo III.

9602780