Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.556

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 8 de abril de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería, do 26 de febreiro de 1996 (DOG número 49, do 8 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 26 de febreiro de 1996 (DOG nº 49, do 8 de marzo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 26 de febreiro de 1996.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se, na data na que deben cesar no seu destino, os funcionarios están desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres días seguintes ó dos cesamentos, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-Os xefes dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

N.R.P.GrupoApelidos e nomeCódigo do postoPosto de traballoNivelLocalidadeDependencia

3460304368 A2051BPinal Fuentes, Ana MaríaFA.C99.10.000.36560.062Servicio de Admi-

nistración e Con-

tratación

28VigoDelegación Provincial

de Pontevedra

3275115424 A2059DBazarra Ramos, Mª MónicaFA.C99.10.000.15001.001Secretario/a dele-

gado provincial

16A CoruñaDelegado Provincial

da Coruña

9602833