Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 131/1996, do 29 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Forcarei (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura de rúa en Forcarei.

O Concello de Forcarei (Pontevedra), en sesión celebrada o día 13 de outubro de 1995, aprobou definitivamente o proxecto de apertura de rúa en Forcarei e na sesión do 9 de agosto de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9 de xaneiro de 1996 de baixo o número 206.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de xaneiro 1996, nº 863.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a rea

lización das obras do proxecto técnico sinalado, porque a rúa que se pretende abrir está incluída dentro do planeamento urbanístico deste concello (normas subsidiarias) aprobadas pola CPU de Pontevedra en abril de 1993. A dita rúa pon en comunicación dous destes municipios, a rúa Francisco Filgueiras e a rúa Progreso (estrada comarcal 541 de Santiago de Compostela ó Carballiño) e permitirá a desconxestión do tráfico desta última para maior seguridade da poboación; na súa maioría de avanzada idade, e para unha maior comodidade dos concorrentes ó comercio local que ocasionarán menos problemas na fluidez de tráfico na C-541. Permitirá tamén unha mellor saída para os vehículos da rúa Fco. Filgueiras na cal se atopan varios establecementos comerciais (cafeterías, almacéns de materiais de construcción, discoteca, etc.), contribuíndo así ó logro dun índice máis alto de seguridade para a poboación e a lograr unha maior tranquilidade e quietude. Por outra banda, nas proximidades da zona hai

instalacións de gando vacún, o cal ten que transitar pola rúa principal do pobo, para levalo a pacer a predios privados ocasionando perigo e prexuízos á poboación. Coa apertura desta rúa acurtaríase o espacio de circulación de gando e afastaríase da rúa principal mellorando a seguridade e a salubridade públicas.

Urxe tamén a execución por canto a dita obra está incluída no Plan da Deputación Provincial que non admite demora na contratación, suxeita a prazos determinados.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Forcarei (Pontevedra) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de apertura de rúa en Forcarei.

Santiago de Compostela, vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2805