Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/155-2. Libro de rexistro 4.412-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Telefónica de España, S.A., con domicilio en Rafael de Vega, 11, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. reemisor Castro de Moura, Lóuzara, Samos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Telefónica de España, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón, cunha lonxitude de 531 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea e aérea cunha lonxitude de 30 metros e conductor R.Z.95-50-25, para subministración eléctrica ó reemisor Castro de Moure, Lóuzara, no concello de Samos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 1 de marzo 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2292