Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 93/110-2. Libro de rexistro: 4.361 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo , no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites

regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión a 20 kV, derivación ó C.T. de Donalbai, cunha lonxitude de 20 metros, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 2.700 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V, sobre apoio metálico, para mellora do servicio eléctrico a Donalbai e Casa Sabino, no concello de Begonte.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 4 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2171