Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/111-2. Libro de rexistro 4.368-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4, Lugo , en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T., polígono A Cea de Olga, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.V. 15/25 de 1x240 mm Al, cunha lonxitude de 31.035 metros. Centros de transformación de 1x630 kVA

20.000/380-220 V±5%, para dar servicio eléctrico ó polígono A Cea de Olga, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 1 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-