Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/102-2. Libro de rexistro 4.362-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar desvío instalacións eléctricas estrada Monforte-Lalín, tramo Escairón leste-oeste (Saviñao), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 147 metros. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-25, sobre apoios de formigón, para subministración eléctrica ós lugares de Vilanova, Santalla e outros, no concello do Saviñao.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 1 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2170