Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.515

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 125/1996, do 27 de marzo, polo que se aproban os estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no DOG nº 62, do mércores 27 de marzo, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.864, columna 2, liña 3, onde di: «que para o ejercicio ou exercicios de que se trate», debe dicir: «que para o exercicio ou exercicios de que se trate».

-Na páxina 2.865, columna 1, liña 53, onde di: «para o cumprimiento dos seus fins», debe dicir: «para o cumprimento dos seus fins».

9602596