Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.515

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no DOG nº 55, do luns 18 de marzo, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.380, columna 1, liña 47ª, onde di: «entre a xunta de Goberno», debe dicir: «entre a Xunta de Goberno».

-Na páxina 2.382, columna 1, liña 23ª, onde di: «que inclúe: os concellos da Coruña, agás os de Galicia Norte», debe dicir: «que inclúe os concellos da Coruña, agás os de Galicia Norte; así como a conca do río Ulla que transcorre na provincia de Lugo».

-Na páxina 2.382, columna 1, liña 31ª, onde di: «correspondentes á provincia de Ourense», debe dicir: «correspondentes ás provincias de Ourense e Pontevedra, con sede en Lugo capital».

-Na páxina 2.384, columna 1, liña 7ª, onde di: «ás que se refirea letra a) precedente», debe dicir: «ás que se refire a letra a) precedente».

-Na páxina 2.386, columna 2, liña 13ª, onde di: «ordeará as actuacións de encoramento e desencoramento», debe dicir: «ordenará as actuacións de encoramento e desaugamento de encoros».

-Na páxina 2.386, columna 2, liña 30ª, onde di: «e tamén ordenar operacións de encoramento ou desencoramento extraordinarias», debe dicir: «e tamén ordenar operacións de encoramento ou desaugamento de encoros extraordinarias».

-Na páxina 2.387, columna 1, liña 3ª, onde di: «ou a petición da Xunta de Goberno ou dos usuarios afectados, procederá, así mesmo, a devandita constitución», debe dicir: «ou a petición da Xunta de Goberno ou dos usuarios afectados. Procederá así mesmo a devandita constitución».

-Na páxina 2.387, columna 2, liña 23ª, onde di: «A atribución de funcións á zecretaría xeral efectúase», debe dicir: «A atribución de funcións á secretaría xeral efectúase».

2740