Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.515

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 1996 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de marzo de 1996, polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra), a favor da empresa Ediciones Leyva, S.A.

O Consello da Xunta de Galicia, a proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis, adoptou un acordo polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra), en favor da empresa Ediciones Leyva, S.A.

De acordo co disposto no artigo 14 e 10 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, faise pública a citada autorización de transferencia de concesión definitiva.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Acordo do 7 de marzo de 1996, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a transferencia da concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra), en favor da empresa Ediciones Leyva, S.A.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de outubro de 1994, ó que se dá publicidade mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de outubro seguinte, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 217, do 10 de novembro de 1994, outorgouse a concesión definitiva para o seu funcionamento da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra) á entidade Faro de Vigo, S.A., fixándose, ademais, as características técnicas da concesión. Posteriormente, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de febreiro de 1995, ó que se lle dá publicidade mediante orde da Con

sellería da Presidencia e Administración Pública do 7 de marzo de 1995 (DOG nº 65, do 3 de abril de 1995), modifícanse as condicións da concesión devandita.

Ceferino de Blas García, actuando en representación da empresa concesionaria, e Javier Fontán Oñate, en representación da empresa Ediciones Leyva, S.A., presentaron escritos interesando que se autorizase a transferencia desta concesión a favor desta última para o que inclúen a documentación precisa que acredita o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 4º do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión.

De conformidade coa proposta elevada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, logo de informe favorable da Secretaría Xeral de Comunicación, a teor do que se dispón no artigo 14 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, e na disposición derradeira terceira, do Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, xa citados, o Consello da Xunta acorda:

1º Autorizar que a empresa Faro de Vigo, S.A. instrumente documentalmente a transferencia da concesión definitiva da emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia na Estrada (Pontevedra), en favor da empresa Ediciones Leyva, S.A., de conformidade coas disposicións contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e demais normativa aplicable.

2º As características técnicas asignadas á citada emisora, así como as condicións da concesión serán as mesmas que se especifican na concesión orixinaria e que se recollen nos acordos do 21 de outubro, de 1994 e do 16 de febreiro de 1995 do Consello da Xunta de Galicia, publicados no DOG nº 217, do 10 de novembro de 1994, e no DOG nº 65, do 3 de abril de 1995, respectivamente.

3º Unha vez acreditada documentalmente a transferencia que se autoriza, a empresa adquirente da concesión cumprirá os requisitos que se esixen na Orde do 1 de abril de 1986, que regula o procedemento a seguir para inscribi-las empresas de radiodifusión no rexistro de empresas radiodifusoras en Galicia.

96-974