Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/7-2, libro de rexistro 4472 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: desvío Inst. Eléct. variante CN-540 Lugo-Portugal.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. Convento e rematará no apoios nº 3, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 218 metros, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, con finalidade de modifica-las instalacióins afectadas pola variante de Chantada CN-540 de Lugo a Portugal por Ourense p.k. 53,2, no concello de Chantada.

Orzamento: 4.169.534 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2347