Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/6-2, libro de rexistro 4471 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: desvío R.B.T. corredor alta velocidade Monforte de Lemos-Lalín.

Situación: Pantón.

Descricións técnicas: desvío instalacións eléctricas de baixa tensión que serán executadas en conductores R.Z.-95, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para corredor de alta velocidade Monforte de Lemos-Lalín. Tramo: Bacelares-Escairón leste, no concello de Pantón.

Orzamento: 663.430 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602112