Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A: IN407A 95/142-2. Libro de rexistro 4.399 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., Meixide-Pena Couto.

Situación: Chantada.

Descripcións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con apoios de formigón cunha lonxitude de 2779 m a L.M.T. Meixide-Pena Couto; 270 m a L.M.T. ó C.T. de Airora e 443 m a L.M.T. ó C.T. Meixide, para mellora do servicio eléctrico en Meixide-Pena Couto, no concello de Chantada.

Orzamento: 10.395.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602111