Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación López, nos concellos de Agolada, Rodeiro e Lalín, por parte de José García Casares.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que José García Casares, con domicilio en A Costa, Ferreiroa, Agolada, presentou nesta delegación provincial o día 21 de febreiro de 1994, instancia-solicitude do permiso de investigación López, de 63 cuadrículas mineiras para recursos do granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada, Rodeiro e Lalín, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o número 2.655 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LónxitudeLatitude

Vértice 17º 59' 00''42º 44' 20''

Vértice 28º 02' 00''42º 44' 20''

Vértice 38º 02' 00''42º 42' 00''

Vértice 47º 59' 00''42º 42' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición algunha.

Pontevedra, 7 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2301