Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 94-50, libro de rexistro 4.096 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: P-10 L.M.T. Oleiros-Campos, P-2 L.M.T. a C.T. de Santes, P-6 L.M.T. a C.T. Santes.

Final: C.T.S. S. Román, Laxa, Santes e S. Lourenzo.

Situación do transformador: S. Román, Laxa, Santes e S. Lourenzo.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, sobre postes

de formigón, cunha lonxitude de 1.894 metros. Catro centros de transformación tipo intemperie de 100 kVA o de Laxa e de 50 kVA os de S. Román, Santes e San Lorenzo, cunha relación de 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-25-50-95 e cunha lonxitude de 5.780 metros, para mellora do servicio eléctrico en Oleiros, S. Román, Laxa, Santes e S. Lourenzo, no concello de Carballedo.

Orzamento: 37.950.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 12 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2114