Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A: IN407A 95/144-2. Libro de rexistro 4.401 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Palas de Reis estrada de Melide.

Situación: Melide-Palas de Reis.

Descripcións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón cunha lonxitude de 336 m. Centro de transformación tipo intemperie de 160 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 1.610 m, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico na zona de Palas de Reis estrada de Melide, no concelo de Palas de Reis.

Orzamento: 8.100.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2113