Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da sección A para area e grava, canteira Carpacedo número 326, sita no concello de Oímbra (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que, por acordo da Dirección Xeral de Industria do 9 de novembro de 1995, se somete a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:

Proxecto: aproveitamento da sección A para area e grava. Canteira Carpacedo nº 326.

Situado en: Oímbra e San Cibrao, concello de Oímbra (Ourense).

Solicitante: Hormigones Enrique Amadeo, S.L.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Ourense, 15 de novembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9602196