Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/57-2, libro de rexistro 4.312 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pena, Feira do Monte-Cospeito.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 100 metros, con conductor LA-30, sobre torres metálicas. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión con conductores R.Z.-50-25, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Pena e Feira do Monte, no concello de Cospeito.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 3.978.418 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren

oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 9 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602341