Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/64-2). Libro rexistro 4.319 A.T.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Finalidade: L.M.T. Subt. e C.T. edificio Hipólito, S.L., Avda. Américas, Lugo.

Orixe da liña: C.T. Devesa e C.T. Bidueiro.

Final: C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: local edificio Hipólito, S.L. Avda. Américas.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.V. 15/25 de 1 x 150 mm Al, cunha lonxitude de 170 metros. Centro de transformación de 2 x 400 kVA, 20.000/398-230 V, para subministración eléctrica ó edificio Hipólito, S.L., en Avda. Américas en Lugo.

Orzamento: 4.847.965 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602290