Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1993, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3852 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Foxas-A Pontenova.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico.

Características principais: liña de media tensión, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón e torres metálicas, cunha lonxitude de 40 metros, orixe na L.M.T. Nogaride-A Pontenova, remate no C.T. de Foxas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25 e apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Foxas, no concello da Pontenova.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 7.904.728 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 21 de maio de 1993.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2288