Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras de clave N/PO/94.1, N/AC/90.6.

Obra.

1. Proxecto de construcción PO-233. Treito: Pontevedra-Campo Lameiro.

Clave: N/PO/94.1.

Orzamento: cincocentos corenta e un millóns duascentas noventa e seis mil cincocentas corenta e unha pesetas (541.296.541).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: 10.825.931.

2. Proxecto de construcción de nova estrada de enlace dende a AC-543 Vidán ata a N-550 A Rocha.

Clave: N/AC/90.6.

Orzamento: cincocentos dezanove millóns cento oitenta e seis mil setenta e unha pesetas (519.186.071).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 10.383.721.

Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de compostela, 9 de abril de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9602291