Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.480

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (1/1994).

O presidente da Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fai saber que no recurso de casación tramitado nesta sala co número 1 de 1994 se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva, di así:

«Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictou, en nome de El-Rei a seguinte sentencia. Presidente: José Ramón Vázquez Sandes. Maxistrados: Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo Sande García, Alberto Martínez Roura. A Coruña, 1 de decembro de 1994. No recurso de casación interposto por Ángela Sánchez Iglesias, José Iglesias Vega, Pilar, Manuel e Pedro Aira Iglesias, representados polo procurador Julio López Valcárcel e defendidos polo letrado José Antonio López Graña, contra a sentencia dictada en grao de apelación pola Audiencia Provincial de Lugo, con data 30 de novembro de 1993, como consecuencia dos autos de xuízo de menor contía tramitados polo Xulgado de Primeira Instancia número un de Monforte de Lemos, sobre nulidade de partición e subsidiariamente a súa rescisión, promovidos contra estes e Clotilde Pérez Pérez, declarada en rebeldía e que non compareceu ante este tribunal por Raimundo

Iglesias Vega, que compareceu neste recurso representado pola procuradora María Ángela Fernández Rodríguez e defendido polo letrado Pablo Moure Mariño. Decidimos declara-la non procedencia do recurso de casación interposto pola representación de Ángela Sánchez Iglesias, José Iglesias Vega, Pilar, Manuel e Pedro Aira Iglesias, contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo o trinta de novembro de mil novecentos noventa e tres, en recurso de apelación dimanante dos autos de xuízo de menor contía nº 91/1989, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia de Monforte de Lemos e seguidos entre as partes, sobre nulidade de operacións particionais e rescisión por lesión destas, condenando ó recorrente á perda do depósito que constituiu, e a que se lle dará o destino legal, e sen facer expresa imposición das custas.

Devólvanse á mencionada audiencia os autos e a peza de apelación que remitiu xunto co testemuño do presente edicto para os efectos procedentes.

Así, por esta nosa sentencia, da que se deducirá testemuño para a súa unión á peza da sala, pronunciámolos, mandámolo e asinámolo. Asinado: José Ramón Vázquez Sandes, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo Sande García, Alberto Martínez Roura. Rubricado».

Foi publicada no mesmo día da súa data.

E para a súa notificación á recorrida non comparecida Clotilde Pérez Pérez, expídese o presente edicto que se publicará no diario oficial desta Comunidade Autónoma de Galicia.

Dado na Coruña o 13 de decembro de 1994.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1870